URCO EDITORA  é unha nova iniciativa editorial que vén encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de "clásicos" ou de "literatura xuvenil". Por isto URCO é pioneira na achega sistemática destos tres xéneros ao público galego.

Os nosos títulos, divididos en tres coleccións temáticas: GÓTICA, FANTASÍA e CIENCIA FICCIÓN, buscan en primeira instancia sentar unhas bases sobre as orixes dos tres xéneros, coa publicación dos autores "clásicos" dos mesmos, e tamén de outros moitos non tan coñecidos polo grande público mais sen dúbida fundamentais para o desenvolvemento posterior deste tipo de literatura.

A nosa ética profesional lévanos a establecer unha serie de criterios, algúns deles pouco ao uso no mercado editorial galego actual, como son:


Datos legais:

URCO EDITORA é propiedade de
EDIZER Servizos Editoriais

C.I.F.: G-70064456

Salvadas 39 2ºB
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, Galiza

C.I.F.: G-70064456
Email: info(arroba)urcoeditora.com  |  Tlf: 653 736 367  |  Deseño: Edizer Studio