Subscribirse a Urco Editora é o mellor xeito de axudar a que esta nova iniciativa editorial funcione. Coa túa subscrición estarás apoiando a tradución e difusión da Fantasía, a Ciencia Ficción e o Terror en lingua galega. Ademais disfrutarás de prezos especiais e a comodidade de recibir as nosas novidades na túa casa.
Como subscritor gozarás dun 10% de desconto sobre o P.V.P. en todos os nosos libros e recibiralos mes a mes na túa casa sen ningún custo adicional. Ademais, por cada novo subscritor que nos traias, terás un 1% de desconto extra (até un desconto máximo dun 20%).
A periodicidade de publicación será de aproximadamente un título mensual e no caso de aumentar por mor da introdución de novas liñas recibirás un correo electrónico de aviso, por se non desexas recibir os títulos extra.
O P.V.P. de cada libro andará entre os 10 e os 15 euros, dependendo do tamaño do mesmo.
Cubre o seguinte formulario e fai a túa achega á difusión da Fantasía, a Ciencia Ficción e o Terror en lingua galega!
Os datos suministrados polo usuario son privados e confidenciais, e serán incorporados á base de datos de Urco Editora, non sendo nunca proporcionados a terceiros, tal como estipula a Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Ante a cancelación do contrato de subscrición con Urco Editora, ditos datos serán inmediatamente borrados dos nosos ficheiros.